Preguntas Correntes
O horario de atención ao público das oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro é de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas .
Podes consultar os enderezos, teléfonos e correos electrónicos de contacto na sección correspondente desta web.
No Concello de Ames, a persoa titular do subministro de auga e/ou saneamento e depuración ten que ser a persoa ou entidade propietaria do inmoble.
Pódense rexistrar os datos de varias persoas propietarias, pero só unha delas será designada como titular da prestación patrimonial, é dicir, a titular do contrato.
Para dar de alta o subministro de auga no Concello de Ames, hai que presentar distinta documentación segundo se trate dunha persoa física ou dunha persoa xurídica, debendo acreditar a identidade da persoa solicitante. Ademais, poden solicitarse documentos adicionais segundo o tipo de inmoble.
Persoas físicas:
- Documento acreditativo da propiedade: escritura, pacto de mellora, testamento, etc.
- Certificado de defunción, se é o caso.
- Xustificante do IBI (se a referencia catastral non aparece na documentación anterior).
- Certificación da conta bancaria para a domiciliación do pagamento.
- Mandato SEPA.
- Consentimento tratamento datos LOPDGDD/RGPD.
Persoas xurídicas:
- Fotocopia do NIF.
- DNI da persoa representante legal.
- Documento acreditativo da representación.
- Documento de propiedade (escritura, pacto de mellora, testamento…).
- Certificado de defunción, se é o caso.
- Xustificante do IBI (se a referencia catastral non aparece na documentación anterior).
- Certificación da conta bancaria para a domiciliación do pagamento.
- Mandato SEPA.
- Consentimento tratamento datos LOPDGDD/RGPD.
Documentación adicional segundo o caso:
- Licenza de obra, licenza de primeira ocupación ou comunicación previa de actividade.
- Se se trata dunha nave, baixo comercial ou industrial: formulario de vertedura.
Acreditación da identidade da persoa solicitante
- Trámite con certificado dixital: non será necesario achegar copia do DNI.
- Trámite presencial nas oficinas: solicitarase o DNI ou NIE (acompañado do pasaporte de ser a tarxeta verde) unicamente para verificar a identidade da persoa, sen conservar copia.
- Trámite en liña sen certificado dixital: será necesario enviar unha copia do DNI ou NIE (acompañado do pasaporte de ser a tarxeta verde) coa solicitude. Neste caso:
- Pode consultar as seguintes indicacións sobre o envío seguro do DNI..
- Augas de Ames EPEL unicamente empregará o documento para comprobar a identidade e eliminarase de inmediato unha vez realizada a verificación, sen conservar copia.
No Concello de Ames, a titularidade do contrato de subministro de auga e/ou saneamento e depuración debe estar sempre a nome da persoa propietaria do inmoble.
Se acabas de adquirir un inmoble, podes presentar a documentación nas oficinas da EPEL en Bertamiráns ou no Milladoiro, ou ben enviala por correo electrónico a info@augasdeames.gal, debendo acreditar a identidade da persoa solicitante.
Persoas físicas:
- Documento acreditativo da propiedade: escritura, pacto de mellora, testamento, etc.
- Certificado de defunción, se é o caso.
- Xustificante do IBI (se a referencia catastral non aparece na documentación anterior).
- Certificación da conta bancaria para a domiciliación do pagamento.
- Mandato SEPA.
- Consentimento tratamento datos LOPDGDD/RGPD.
Persoas xurídicas:
- Fotocopia do NIF.
- DNI da persoa representante legal.
- Documento acreditativo da representación.
- Documento de propiedade: escritura, pacto de mellora, testamento, etc.

Se a comunidade cambia o número de conta bancaria ou a persoa/entidade administradora, é necesario achegar a seguinte documentación, así como acreditar a identidade da persoa que ostente a presidencia da mesma:
Para cambiar o número de conta bancaria:
- Fotocopia do NIF da comunidade de propietarios.
- Fotocopia da acta onde se nomea a presidencia actual.
- Certificación da nova conta bancaria para a domiciliación do pagamento..
- Mandato SEPA.
- Consentimento tratamento datos LOPDGDD/RGPD.
Para comunicar o cambio de administración:
- Fotocopia do NIF da comunidade de propietarios.
- Fotocopia da acta onde se nomea á nova administración.
- Fotocopia do NIF da nova entidade administradora.
- Consentimento tratamento datos LOPDGDD/RGPD.
Se tamén se dá de alta un novo subministro:
- Fotocopia da división horizontal do edificio.
Acreditación da identidade da persoa que ostente a presidencia
- Trámite con certificado dixital: non será necesario achegar copia do DNI.
- Trámite presencial nas oficinas: solicitarase o DNI ou NIE (acompañado do pasaporte de ser a tarxeta verde) unicamente para verificar a identidade da persoa, sen conservar copia.
- Trámite en liña sen certificado dixital: será necesario enviar unha copia do DNI ou NIE (acompañado do pasaporte de ser a tarxeta verde) coa solicitude. Neste caso:
- Pode consultar as seguintes indicacións sobre o envío seguro do DNI..
- Augas de Ames EPEL unicamente empregará o documento para comprobar a identidade e eliminarase de inmediato unha vez realizada a verificación, sen conservar copia.
Podes trocar o enderezo postal para o envío de comunicacións achegándonos os seguintes formularios asinados:
Podes facérnolo chegar polas seguintes canles:
- Presencialmente nas oficinas de Bertamiráns ou de O Milladoiro.
- Enviando un correo electrónico a info@augasdeames.gal.
Lembra que a persoa solicitante debe ser titular do contrato ou acreditar autorización para realizar o trámite.
Si. Existen diversas bonificacións e reducións segundo a situación da persoa usuaria:
- Segundo a Ordenanza. das prestacións patrimoniais (BOP nº 33, 15/02/2024):
- Artigo 6.1: Redución do 50% nas cotas de abastecemento e/ou saneamento para persoas beneficiarias da RISGA ou de réximes públicos de protección equivalentes.
- Artigo 6.2: Posibilidade de redución en caso de fugas de auga non imputables á persoa usuaria.
- Segundo a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de Augas de Galicia:
- Bonificacións no canon da auga para familias numerosas.
- Outras deducións ou exencións en función da situación particular.
Para máis información, podes consultar a normativa na sección correspondente desta web ou visitar a web de Augas de Galicia
A lectura do contador da auga faise cada tres meses, segundo establece o artigo 8 da ordenanza. reguladora das prestacións patrimoniais do servizo de auga do Concello de Ames (BOP nº 33, 15/02/2024).
As persoas encargadas da lectura acoden identificadas como traballadoras da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames (EPEL).
Se no momento da lectura non hai acceso ao contador, deixamos unha tarxeta para que poidas facilitarnos a lectura ti mesma ou ti mesmo, a través do método que che resulte máis cómodo:
- A través da oficina virtual.
- Por teléfono.
- Depositando ou enviando a tarxeta coa lectura.
Os datos de contacto están dispoñibles nesta web.
Podes acceder á túa información de consumo a través da oficina virtual, onde tes dispoñible o histórico de consumos e facturación en calquera momento.
Se precisas un informe máis detallado, podes solicitalo:
- Por teléfono.
- Por correo electrónico (info@augasdeames.gal).
- A través da sección de consultas desta web.
A Orde ITU/1072/2025. amplía o prazo máximo para a substitución dos contadores establecidos pola ICT/155/2020. ata o 24 de outubro de 2027
A Orde ICT/155/2020., do 7 de febreiro, do Ministerio de Industria, regula na súa disposición transitoria primeira e no seu Anexo III apartado 4, que “a vida útil dos contadores de auga limpa será de 12 anos, establecendo dita normativa que os propietarios dos contadores teñen como prazo máximo para realizar a substitución o 24 de outubro de 2025”.
Para realizar o cambio de contador deberá presentar unha solicitude ante Augas de Ames, a través do seguinte formulario de solicitude de cambio do contador, e aboar as tarifas recollidas na ordenanza. vixente.
Podería ampliarse a vida útil do contador, por períodos sucesivos de 5 anos, sempre e cando se realice unha verificación do mesmo por organismo autorizado, ao tratarse de instrumentos de medida sometidos a control metrolóxico. Neste último caso, cando a persoa propietaria do contador sexa a persoa abonada, tería que presentar o modelo PR004A ante a Delegación Provincial da Consellería de Economía e Industria e aboar unhas taxas de 79,12 € (para contadores de menos de 40 mm de diámetro), así como os gastos de instalación por parte de Augas de Ames dun contador provisional, ou delegar esta actuación, a través do seguinte formulario de delegación de verificación do contador, en Augas de Ames, correndo a persoa abonada cos citados gastos. De resultar positiva esa verificación non estaría obrigada a cambiar o contador en 5 anos.
Serán de aplicación á persoa propietaria do contador as obrigas que ao respecto se establezan pola administración pública competente.
Para calquera dúbida ou consulta, pode poñerse en contacto connosco a través dos canais habituais de atención á veciñanza:
- Páxina web: enviar consulta
- Atención telefónica e/ou presencial nas oficinas de Augas de Ames EPEL
- Correo electrónico: info@augasdeames.gal
As facturas do servizo de auga, saneamento e depuración emítense cada tres meses, coincidindo cos trimestres naturais do ano:
- Xaneiro – Marzo
- Abril – Xuño
- Xullo – Setembro
- Outubro – Decembro
Así se recolle no artigo 8 da Ordenanza. reguladora das prestacións patrimoniais do servizo de auga do Concello de Ames (BOP nº 33, 15/02/2024).
As facturas envíanse polas vías escollidas por cada persoa usuaria:
- Correo postal
- Correo electrónico
- Oficina virtual
Se tes o pago domiciliado, o cargo farase na túa conta bancaria segundo o calendario de cobro establecido (consultable nesta web).
Se non o tes domiciliado, podes efectuar o pagamento:
- En caixeiros da entidade colaboradora.
- A través da oficina virtual por internet.
A propia factura serve como documento de pagamento.
Desde a oficina virtual podes:
- Consultar consumos e facturas.
- Comprobar o estado de cobro.
- Realizar pagos.
- Acceder a outras xestións.
O prazo para pagar as facturas é de 2 meses desde a data de emisión, segundo establece o artigo 9 da Ordenanza.reguladora das prestacións patrimoniais do servizo de auga do Concello de Ames (BOP nº 33, 15/02/2024).
Podes consultar o calendario. cos períodos de cobro voluntario e as datas dos cargos bancarios nesta mesma web.
A oficina virtual permite realizar distintos trámites de forma rápida e sinxela. Entre eles:
- Enviar a lectura do contador.
- Presentar consultas ou suxestións sobre o servizo.
- Realizar reclamacións.
- Comunicar fraudes ou anomalías.
- Solicitar o cambio da conta bancaria para domiciliación.
- Consultar e descargar facturas en PDF.
- Realizar pagos con tarxeta (TPV).
As persoas usuarias rexistradas tamén poden acceder a toda a información histórica de lecturas, consumos, facturas e o estado dos pagos.
Como titular dun contrato de subministro dun inmoble, podes acceder aos datos en liña do mesmo rexistrándote na oficina virtual, para o que vas precisar o teu NIF/NIE e o último recibo.
Si non dispós do último recibo, podes enviarnos un correo a info@augasdeames.gal solicitando copia do mesmo, ou se o prefires, facemos o rexistro na oficina virtual por ti, debendo acreditar a identidade da persoa solicitante.
Terás que achegarnos a seguinte documentación:
- Contrato do subministro ou Documento acreditativo da propiedade
Acreditación da identidade da persoa solicitante
- Trámite con certificado dixital: non será necesario achegar copia do DNI.
- Trámite presencial nas oficinas: solicitarase o DNI ou NIE (acompañado do pasaporte de ser a tarxeta verde) unicamente para verificar a identidade da persoa, sen conservar copia.
- Trámite en liña sen certificado dixital: será necesario enviar unha copia do DNI ou NIE (acompañado do pasaporte de ser a tarxeta verde) coa solicitude. Neste caso:
- Pode consultar as seguintes indicacións sobre o envío seguro do DNI..
- Augas de Ames EPEL unicamente empregará o documento para comprobar a identidade e eliminarase de inmediato unha vez realizada a verificación, sen conservar copia.
Se detectas unha avaría ou unha fuga de auga, actúa do seguinte xeito segundo onde se produza:
No interior da vivenda ou local:
- Pecha a chave de paso situada antes do contador.
- Contacta cunha persoa profesional da fontanaría da túa confianza.
No exterior (vía pública ou contador fóra do inmoble):
- Comunícalo canto antes por teléfono ás oficinas de Augas de Ames: Bertamiráns ou O Milladoiro.
- Se están pechadas, podes chamar ao teléfono de garda do servizo.
Lembra: se se trata dunha fuga non intencionada, poderías ter dereito a unha redución na factura. Consulta a Ordenanza. na sección de normativa da web para máis información.
Si. A auga da traída no Concello de Ames é potable e apta para o consumo humano.
Desde Augas de Ames realizamos controis sanitarios e analíticas diarias para garantir a súa calidade. A veciñanza pode beber a auga da rede sen ningún tipo de dúbida.
Si, podes usala con tranquilidade.
A dureza da auga indica a cantidade de minerais disoltos, como o calcio e o magnesio. En zonas con auga dura, estes minerais poden acumularse nos electrodomésticos, reducindo a súa eficiencia.
No Concello de Ames, a auga da traída é auga branda, polo que non supón risco de acumulación de cal nin afecta ao funcionamento de lavadoras, lavavaixelas ou outros aparellos.