Cookies

Noticias

  • 1
  • 2

25/02/2026

Participación de Augas de Ames na VI Edición do InnovAmes

Julio Vieito, traballador responsable da potabilizadora de Lens, realizou un exercicio práctico no que se vía como se transforma a auga sucia en auga potable e segura para o consumo humano

Participación de Augas de Ames na VI Edición do InnovAmes I

Participación de Augas de Ames na VI Edición do InnovAmes I

01/12/2025

Augas de Ames recibe na súa estación de tratamento de auga potable a visita de estudantes da USC

Esta visita enmárcase dentro do firme compromiso de colaboración que a entidade pública brinda tanto ao resto de administracións públicas como á comunidade educativa

14/10/2025

O Concello de Ames presenta denuncia ante SEPRONA e a Policía Autonómica polo vertido no río Sar

O Concello de Ames presenta denuncia ante o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) e a Policía Autonómica pola vertedura detectada nos últimos días no río Sar, que está a afectar aos municipios de Ames, Brión e Rois.

06/10/2025

A ORDE ITU/1072/2025 amplía o prazo para o cambio de contadores de mais de 12 anos de antigüidade ata o 24 de outubro de 2027

A nova orde amplía en 2 anos a data límite para o cambio estabrecida pola orde ICT/155/2020

18/09/2025

Augas de Ames presenta a súa nova páxina web

Co lema “o servizo municipal de augas, agora máis preto de ti”, a Entidade Pública Empresarial Augas de Ames EPEL presentou oficialmente este xoves a súa nova web: www.augasdeames.gal

Presentación nova WEB da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames EPEL I

11/08/2025

Proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego temporal de persoal oficial de 2ª de servizos

O BOP nº 151, do luns 11 de agosto de 2025, vén de publicar a convocatoria e as bases específicas que regulan o proceso selectivo ara a creación, por parte da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames EPEL, dunha bolsa de emprego temporal de persoal oficial de 2ª de servizos. Expediente: GD14179/2025.

06/08/2025

Augas de Ames aproba as súas primeiras contas anuais cun beneficio de 43.172,65 €

A xerente de Augas de Ames EPEL, Gemma Otero, amosou a súa satisfacción por presentar un exercicio con beneficios, tendo en conta que no primeiro ano de funcionamento a entidade tivo que asumir custos extraordinarios de posta en marcha.

Pola súa banda, o alcalde de Ames e presidente da entidade, Blas García, destacou que “o reinvestimento dos beneficios xerados polo ciclo integral da auga en obras e infraestruturas vitais para a veciñanza de Ames xustifica todo o esforzo realizado para crear a empresa”.

28/04/2025

Augas de Ames abre as portas da súa nova oficina de atención á veciñanza en O Milladoiro

Sita no número 56 da avenida Rosalía de Castro, xunto á estrada N-550. A atención ao público de maneira presencial e sen necesidade de cita previa segue a ser de luns a venres de 9.00 a 14.00

24/04/2025

Proceso selectivo para cubrir a praza da Xefatura de Servizo

O BOE nº 99, do xoves 24 de abril de 2025, vén de publicar a Disposición 8262 pola que se dá traslado da convocatoria da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames EPEL para a selección dunha persoa responsable da Xefatura de Servizo. Expediente: GD4977/2025.

Queda aberto o prazo de presentación de solicitudes por 20 días naturais a contar desde o día seguinte a esta resolución, é dicir, desde o 25 de abril ata o 14 de maio de 2025 (ambos incluídos).

  • 1
  • 2