Cookies

Orde ICT/155/2020 Cambio do contador (ITU/1072/2025)

A Orde ITU/1072/2025. amplía o prazo máximo para a substitución dos contadores establecidos pola ICT/155/2020. ata o 24 de outubro de 2027

A Orde ICT/155/2020., do 7 de febreiro, do Ministerio de Industria, regula na súa disposición transitoria primeira e no seu Anexo III apartado 4, que “a vida útil dos contadores de auga limpa será de 12 anos, establecendo dita normativa que os propietarios dos contadores teñen como prazo máximo para realizar a substitución o 24 de outubro de 2025”.

Para realizar o cambio de contador deberá presentar unha solicitude ante Augas de Ames, a través do seguinte formulario de solicitude de cambio do contador, e aboar as tarifas recollidas na ordenanza. vixente.

Podería ampliarse a vida útil do contador, por períodos sucesivos de 5 anos, sempre e cando se realice unha verificación do mesmo por organismo autorizado, ao tratarse de instrumentos de medida sometidos a control metrolóxico. Neste último caso, cando a persoa propietaria do contador sexa a persoa abonada, tería que presentar o modelo PR004A ante a Delegación Provincial da Consellería de Economía e Industria e aboar unhas taxas de 79,12 € (para contadores de menos de 40 mm de diámetro), así como os gastos de instalación por parte de Augas de Ames dun contador provisional, ou delegar esta actuación, a través do seguinte formulario de delegación de verificación do contador, en Augas de Ames, correndo a persoa abonada cos citados gastos. De resultar positiva esa verificación non estaría obrigada a cambiar o contador en 5 anos.

Serán de aplicación á persoa propietaria do contador as obrigas que ao respecto se establezan pola administración pública competente.

Para calquera dúbida ou consulta, pode poñerse en contacto connosco a través dos canais habituais de atención á veciñanza: