Cambio de titularidade
No Concello de Ames, a titularidade do contrato de subministro de auga e/ou saneamento e depuración debe estar sempre a nome da persoa propietaria do inmoble.
Se acabas de adquirir un inmoble, podes presentar a seguinte documentación nas oficinas da EPEL en Bertamiráns ou no Milladoiro, ou ben enviala por correo electrónico a info@augasdeames.gal.
A persoa solicitante e, de ser o caso, a persoa representante deberán acreditar a súa identidade por algún dos medios indicados ao final, en cumprimento do disposto na normativa de protección de datos persoais e co fin exclusivo de verificar a lexitimidade da solicitude.
Persoas físicas:
- Documento acreditativo da propiedade: escritura, pacto de mellora, testamento, etc.
- Certificado de defunción, se é o caso.
- Xustificante do IBI (se a referencia catastral non aparece na documentación anterior).
- Certificación da conta bancaria para a domiciliación do pagamento.
- Mandato SEPA.
- Consentimento tratamento datos LOPDGDD/RGPD.
Persoas xurídicas:
- Fotocopia do NIF.
- Documento acreditativo da representación.
- Documento de propiedade: escritura, pacto de mellora, testamento, etc.
- Certificado de defunción, se é o caso.
- Xustificante do IBI (se a referencia catastral non aparece na documentación anterior).
- Certificación da conta bancaria para a domiciliación do pagamento.
- Mandato SEPA.
- Consentimento tratamento datos LOPDGDD/RGPD.
Acreditación da identidade da persoa solicitante
- Trámite con certificado dixital: non será necesario achegar copia do DNI.
- Trámite presencial nas oficinas: solicitarase o DNI ou NIE (acompañado do pasaporte de ser a tarxeta verde) unicamente para verificar a identidade da persoa, sen conservar copia.
- Trámite en liña sen certificado dixital: será necesario enviar unha copia do DNI ou NIE (acompañado do pasaporte de ser a tarxeta verde) coa solicitude. Neste caso:
- Pode consultar as seguintes indicacións sobre o envío seguro do DNI..
- Augas de Ames EPEL unicamente empregará o documento para comprobar a identidade e eliminarase de inmediato unha vez realizada a verificación, sen conservar copia.



