Boletíns
Benvida/o ao Boletín Informativo de Augas de Ames, a canle oficial para manterte ao día sobre os principais avisos, prazos e novidades relacionados co ciclo integral e xestión da auga no Concello de Ames.
Que atoparás nesta newsletter?
- Información prioritaria: recibe no teu correo os avisos máis relevantes, de forma directa e inmediata.
- Prazos importantes: non perdas ningunha data límite para presentar instancias, alegacións, pagos ou documentación.
- Novas e proxectos: coñece de primeira man as iniciativas, investimentos, melloras nas infraestruturas e servizos de atención á veciñanza.



