Cookies

Aviso Legal

DATOS DA ENTIDADE

En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico, a ENTIDADE PÚBLICA EMPRESARIAL AUGAS DE AMES EPEL informa que os seus datos acreditativos son os seguintes:

  • Denominación social:
    ENTIDADE PUBLICA EMPRESARIAL AUGAS DE AMES EPEL
  • N.I.F.:
    Q1500458C
  • Domicilio:
    Rúa Do Agrelo, 7 - 15220 - BERTAMIRÁNS (A Coruña)
  • Teléfono:
    981 890 776
  • Correo electrónico aos efectos de notificacións:
    lopd@augasdeames.gal
  • Dominio WEB:
    www.augasdeames.gal
  • Datos de contacto da persoa delegada de Protección de Datos:
    Teléfono: 984 283 532 - @mail: delegadoprotecciondatos@prodasva.org
Todas as notificacións e comunicacións entre as persoas usuarias e A ENTIDADE PÚBLICA EMPRESARIAL AUGAS DE AMES EPEL consideraranse eficaces, para todos os efectos, cando se realicen mediante correo postal ou calquera dos medios de contacto anteriormente detallados.

CONDICIÓNS DE ACESO E UTILIZACIÓN

O presente Aviso Legal regula o uso do sitio web www.augasdeames.gal (en diante, A WEB), da que é titular a ENTIDADE PÚBLICA EMPRESARIAL AUGAS DE AMES EPEL.
A navegación pola WEB atribúe a condición de persoa usuaria e implica a aceptación plena e sen reservas de todas as disposicións engadidas neste Aviso Legal, que poderá ser modificado.
O sitio web e os seus servizos son de aceso libre e de balde. Non obstante, a ENTIDADE PÚBLICA EMPRESARIAL AUGAS DE AMES EPEL poderá condicionar a utilización dalgúns servizos ao previo cumprimento do formulario correspondente.
Todos os contidos do sitio web (textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, deseño e códigos fonte) constitúen unha obra protexida, cuxa propiedade pertence á ENTIDADE PÚBLICA EMPRESARIAL AUGAS DE AMES EPEL. Non se entenderá que se ceden dereitos de explotación máis aló do estritamente necesario para o correcto uso da WEB.
A persoa usuaria garante a veracidade e actualidade de todos os datos que comunique á entidade, sendo responsable de calquera información falsa ou inexacta que proporcione.
Así mesmo, comprométese a utilizar o sitio web de forma axeitada e conforme á lei, á boa fe, á orde pública, aos usos do tráfico e ao presente Aviso Legal. A persoa usuaria será responsable fronte á ENTIDADE PÚBLICA EMPRESARIAL AUGAS DE AMES EPEL ou fronte a terceiras persoas polos danos e prexuízos que poidan derivarse do incumprimento desta obrigación.

POLÍTICA LIGAZÓNS E EXENCIÓNS DE RESPONSABILIDADES

A Entidade Pública Empresarial Augas de Ames EPEL non se responsabiliza do contido das páxinas web externas ás que se poida acceder desde ligazóns incluídas na WEB, nin garante a dispoñibilidade técnica, exactitude, veracidade, validez ou legalidade das mesmas.
Así mesmo, declara ter adoptado todas as medidas necesarias para evitar posibles danos ás persoas usuarias durante a navegación pola WEB. Polo tanto, non se fai responsable dos eventuais prexuízos que poidan derivarse do uso de Internet.

USO DE RASTROS E DATOS ESTATÍSTICOS

Esta páxina web pode recoller datos de navegación mediante o uso de rastros, incluíndo información de carácter persoal. Para coñecer de forma clara e precisa que rastros se utilizan, as súas finalidades e como configuralos ou desactivalos, pode consultar a nosa Política de Rastros.
A persoa usuaria pode configurar o seu navegador para recibir unha notificación sobre a recepción de rastros e, se así o desexa, impedir a súa instalación.

PROTECCIÓN DE DATOS

No caso de que se recollan datos de carácter persoal a través do sitio web, pode consultar a Política de Privacidade para obter información detallada sobre o seu tratamento.

RESOLUCIÓN DE CONTROVERSIAS. LEY APLICABLE Y JURISDICCIÓN

Estas Condicións Xerais de Uso, así como o uso da WEB, réxense pola lexislación española. Para a resolución de calquera controversia, as partes someteranse aos Xulgados e Tribunais correspondentes ao domicilio social da entidade responsable do sitio web.
Se algunha das cláusulas destas Condicións Xerais fose declarada nula ou inaplicable por resolución xudicial ou administrativa, iso non afectará á validez do resto. Nese caso, modificarase ou substituirase a cláusula afectada por outra que, na medida do posible, cumpra co propósito orixinal.